José Cafranga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1780 Salamanca, España |
Morte | 31 de maio de 1854 (73 anos) |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | político |
José Cafranga Costilla, nado en Salamanca o 15 de agosto de 1780 e finado en Madrid 31 de maio de 1854, foi un político español.
Ministro de Xustiza aconsellou a Fernando VII que renunciase á coroa en favor da súa dona e decretou un indulto e unha amnistía que permitiu o regreso a España de moitos liberais emigrados. Desconforme con Francisco Cea Bermúdez, dimitiu do seu cargo dous meses despois de tomar posesión del. Entón pasou a ser membro do Supremo Consello de Castela
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en leis pola Universidade de Salamanca, casou en 1804 con Francisca de Pando e é destinado, en 1807, tras unha etapa docente, na Secretaría do Despacho de Graza e Xustiza. A súa postura anti-francesa fai que, tras a invasión napoleónica, deba exiliarse a Portugal. Á volta de Fernando VII acompaña ao marqués de Cerralbo en varias misións diplomáticas.
No Trienio liberal foi nomeado Superintendente do Montepío de Xuíces Letrados de Primeira Instancia, e despois Secretario do Consello de Ordes Militares. Tras a restauración fernandina, é designado primeiro Secretario de cámara de Graza e Xustiza e Real Patronato de Aragón durante 6 anos e, o 1 de outubro de 1832, secretario de Despacho de Graza e Xustiza en substitución de Francisco Tadeo Calomarde, cargo que ocuparía até o 14 de decembro. Nese posto apoia decididamente as teses da Raíña María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias e da súa filla Sabela, fronte ás dos partidarios de D. Carlos María Isidro de Borbón.
Foi despois Gobernador do Consello de Indias, Prócer do Reino nas Cortes e Senador en dúas lexislaturas, a de 1837 e a de 1845. A partir de 1845, foi senador vitalicio.
Reinado de Fernando VII de España | ||
---|---|---|
Segue a: Manuel González Salmón |
José Cafranga | Precede a: Francisco Cea Bermúdez |
Presidente do Goberno de España |